Estudos celtas

Os estudos celtas son unha disciplina académica que se ocupa do estudo de calquera aspecto cultural relacionado co pobo celta. Aínda que abrangue estudos sobre literatura, arte, arqueoloxía e historia, focalízase no estudo das linguas célticas vivas e extintas.[1] As principais áreas de atención son as seis linguas celtas que aínda existen: o irlandés, o galés, o gaélico escocés, o manx, o córnico e o bretón.

Como materia universitaria, é impartida en numerosas universidades arredor do mundo, a maioría delas en Irlanda, o Reino Unido e Francia, pero tamén nos Estados Unidos, Canadá, Australia, Alemaña, Polonia, Austria e os Países Baixos. Por outra banda, os estudos celtas son impartidos na Universidade da Coruña[2] e Galiza conta co seu propio Instituto Galego de Estudos Célticos.

  1. Wiley, ""Celtic studies, early history of the field" (2006).
  2. "University Institute of Research in Irish Studies, A Coruña, Galicia". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search